sábado, 25 de diciembre de 2010

Imaxes na rede

Programa 20

Recorremos ás imaxes para contar unha viaxe, un acontecemento; elaborar unha historia; ilustrar unha reportaxe ou, incluso, resumir unha vida. Moita información que hoxe en día salta do computador ao televisor, do televisor ao teléfono móbil, de volta ao computador… Nunca te preguntaches como viaxa toda esa información dun dispositivo a outro?

tempo_frame_P


Entrevista. Víctor Gulías, é responsable do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), da Universidade da Coruña. Doutor e profesor titular en informática, Gulías dirixiu numerosos proxectos de I+D autonómicos, estatais e internacionais. Ademais, é o investigador principal do grupo MADS (Models and Applications of Distributed Systems) e promotor da área Media en rede e fogar dixital do CITIC.
Como emprendedor, fundou diversas iniciativas empresariais de base tecnolóxica; a máis coñecida é LambdaStream, creada para a industrialización e a comercialización dos resultados de investigación do servidor de vídeo baixo demanda, VoDKA.
Monólogo. Sistemas de visión
Post de Wicho. Imaxes na rede
Reportaxes:
-
 On Touch ( publicidad interactiva- Gradiant)
- BluSens

sábado, 18 de diciembre de 2010

Innovar dende a terra e o mar

Programa 19
A capacidade dun pobo para innovar é o principal motor da súa productividade e do seu crecemento económico. As empresas que invisten en investigación, desenvolvemento e innovación son un 16 % máis produtivas e xeran un 2 % máis de emprego que as que non o fan. Neste eido, Galicia está a facer unha importante aposta.

tempo_frame_P
Entrevista. Antonio García Allut, é director da Fundación Lonxanet para a Pesca Sustentable. Doutor en antropoloxía social e profesor da Universidade da Coruña desde 1992, investiga no campo da pesca a pequena escala.Desde 2001 leva a cabo varios proxectos destinados a promover a sostenibilidade da pesca artesanal en Galicia, en Latinoamérica e no norte de Marrocos.En 2004, García Allut creou a Rede de Comunidades Pesqueiras de Desenvolvemento Sustentable (RECOPADES) e, en 2006, foi premiado por Ashoka en España, unha organización internacional de apoio ao emprendemento social.
Monólogo. Os mamíferos os mais innovadores.
Post de Wicho. A competitividade na rede.
Reportaxes:
-
 I+D+I de COREN
- Sistema Swapp (Invernadoiros Horsal- Wireless Galicia)

sábado, 11 de diciembre de 2010

O tempo. Vivir rápido

Programa 18

Nunca te preguntaches en que se che vai o tempo? Segundo as enquisas, as cinco ocupacións principais dos galegos ao longo do día son os coidados persoais, traballar, estudar, estar coa familia e consultar os medios de comunicación.Nos últimos sete anos, cada vez participamos menos en actividades sociais e de diversión, mentres que o tempo que lle dedicamos a internet aumentou máis dun 10 %.



tempo_frame_P


Entrevista. Alberto Pena é escritor, conferenciante e experto en produtividade e xestión persoal. Tamén é profesor colaborador de “executive education” en ESADE Business School.
Alberto Pena cursou estudos de ciencias empresariais e desde1996 escribe en internet, onde na actualidade conta co blog ThinkWasabi. O seu primeiro libro, “Como gestionar mejor tu vida”, da Editorial Libros Libres, saiu publicado no 2009.
Monólogo. Distintas velocidades.

Post de Wicho. A inmediatez.
Reportaxes:
-
A arte dos reloxeiros. O reloxo do observatorio astronómico de Santiago de Evangelino Taboada.
O reloxo do futuro. Reloxos fotónicos.

sábado, 4 de diciembre de 2010

A tecnoloxía ao servizo dos maiores

Programa 17

Galicia é a terceira comunidade coa poboación máis vella de España tras Castela-León e Asturias. Dos máis de 600.000 galegos maiores de 65 anos, calcúlase que 45.000 sofre algunha discapacidade. A alta esperanza de vida actual deixa ao descuberto novas doenzas asociadas ao envellecer, como o Alzheimer, por iso temos que adaptarnos aos novos tempos é atopar solucións as súas necesidades.

maiores_frame_P


Entrevista: José Carlos Millán Calenti é catedrático de Xerontoloxía Clínica e Social da Universidade da Coruña, onde ademais dirixe ao Grupo de Investigación en Xerontoloxía. Autor de varios libros e publicacións, entre o que destaca “Principios de Geriatría y Gerontología”, Millán leva anos estudando a discapacidade intelectual e o deterioro cognitivo asociado ao proceso de envellecemento.Na actualidade tamén dirixe o Centro Xerontológico de Estancias Diurnas “La Milagrosa”, ubicado na Coruña.
Monólogo. Novas doenzas derivadas da lonxevidade. 
Post de Wicho.Tiflotecnoloxía. 
Reportaxes: 
  - MIAVIZOR (Jesús Varela Mallou) 
  - ZigBee.Telemedicina (Wirelees Galicia+UVigo)