sábado, 27 de noviembre de 2010

Nanotecnoloxía

Programa 16

Cando escoitamos a palabra nanotecnoloxía pensamos en algo moi pequeno e alleo á nosa vida cotiá, pero no día a día das nosas vidas agóchanse moitos nanomateriais. Están nos lentes con cristais que non se raian, nas pezas de vestir que non se engurran, na crema que nos protexe dos raios solares…
Calcúlase que en 2015 os produtos nanotecnolóxicos han representar o 15 % das vendas mundiais.

nanotec_frame_P
Entrevista: Pepe Rivas é catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela e dirixe o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, ubicado en Braga (Portugal).Rivas tamén é codirector do Grupo de Magnetismo e Nanotecnoloxía da USC e cofundador de NANOGAP, empresa xurdida a partir da Universidade de Santiago co fin de comercializar nanopartículas a escala industrial. No seu haber ten máis de 250 publicacións en revistas científicas internacionais e varias patentes. En 1998 recibiu o Premio de Investigación Burdinola.
Monólogo.  As escalas nos nanobxectos. 
O Post de WichoMiniaturización tecnolóxica.
Reportaxes:
-
  Nanoinmunotech / África Gonzalez (UVigo).
 
Nanogap.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Eco innovación

Programa 15
Reducir o impacto ambiental á vez que se melloran os beneficios económicos é o soño de calquera empresa. Ese obxectivo é o que persegue o programa EcoGalicia Verde, impulsado pola Fundación Empresa Universidade Galega.
As primeiras empresas no punto de mira deste proxecto son as máis de 500 PEME que hai en Galicia nos sectores naval, de artes gráficas e químico.
ecoinnovacion_frame_P
Entrevista: Javier Pereiro é director xeral da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA).Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo e MBA pola escola de negocios Caixanova, Pereiro chegou á FEUGA avalado pola súa experiencia na xestión e na dirección de equipos técnicos e comerciais no sector das telecomunicacións.O director do FEUGA conta tamén cunha ampla experiencia no campo da fidelización de grandes contas e PEME, chegando a xestionar ata 60.000 empresas.
Monólogo. O ser humano: consumidor de enerxía. 
O Post de WichoSENSORES CISCO.
Reportaxes:
-
Proxecto TEMPUS,
Castrosúa.
- Ecoinnovación en ENOR.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Somos o que comemos

Programa 14
A obesidade é nos nosos días unha epidemia en aumento que xa afecta a 300 millóns de persoas en todo o mundo. A Organización Mundial da Saúde calcula que a chamada Globesidade estará detrás da maioría das mortes de aquí a 2015.
Galicia segue esta tendencia, e lidera a obesidade infantil en España cun 30 % de nenos con sobrepeso.

comemos_frame_P
Entrevista: Felipe Casanueva é presidente da Sociedade Internacional de Endocrinoloxía e director científico do CIBERobn, o Centro Español de Investigación en Rede sobre Obesidade e Nutrición, que depende do Instituto de Saúde Carlos III e que desde Santiago de Compostela lidera Casanueva. Catedrático en edocrinoloxía da USC e xefe do Servicio en Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS, Casanueva é experto en sobrepeso e coordinou no 2008 o estudo IDEA para medir a obesidade abdominal e os seus factores de risco.
Monólogo. División alimentos: proteínas / graxas / azucres / vitaminas.
O Post de Wicho. Deporte e redes sociais.Reportaxes:
-
   Centro Tecnolóxico da Carne.
-   Supermercados “AQUÍ É”, Grupo Cuevas.