sábado, 25 de diciembre de 2010

Imaxes na rede

Programa 20

Recorremos ás imaxes para contar unha viaxe, un acontecemento; elaborar unha historia; ilustrar unha reportaxe ou, incluso, resumir unha vida. Moita información que hoxe en día salta do computador ao televisor, do televisor ao teléfono móbil, de volta ao computador… Nunca te preguntaches como viaxa toda esa información dun dispositivo a outro?

tempo_frame_P


Entrevista. Víctor Gulías, é responsable do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), da Universidade da Coruña. Doutor e profesor titular en informática, Gulías dirixiu numerosos proxectos de I+D autonómicos, estatais e internacionais. Ademais, é o investigador principal do grupo MADS (Models and Applications of Distributed Systems) e promotor da área Media en rede e fogar dixital do CITIC.
Como emprendedor, fundou diversas iniciativas empresariais de base tecnolóxica; a máis coñecida é LambdaStream, creada para a industrialización e a comercialización dos resultados de investigación do servidor de vídeo baixo demanda, VoDKA.
Monólogo. Sistemas de visión
Post de Wicho. Imaxes na rede
Reportaxes:
-
 On Touch ( publicidad interactiva- Gradiant)
- BluSens

sábado, 18 de diciembre de 2010

Innovar dende a terra e o mar

Programa 19
A capacidade dun pobo para innovar é o principal motor da súa productividade e do seu crecemento económico. As empresas que invisten en investigación, desenvolvemento e innovación son un 16 % máis produtivas e xeran un 2 % máis de emprego que as que non o fan. Neste eido, Galicia está a facer unha importante aposta.

tempo_frame_P
Entrevista. Antonio García Allut, é director da Fundación Lonxanet para a Pesca Sustentable. Doutor en antropoloxía social e profesor da Universidade da Coruña desde 1992, investiga no campo da pesca a pequena escala.Desde 2001 leva a cabo varios proxectos destinados a promover a sostenibilidade da pesca artesanal en Galicia, en Latinoamérica e no norte de Marrocos.En 2004, García Allut creou a Rede de Comunidades Pesqueiras de Desenvolvemento Sustentable (RECOPADES) e, en 2006, foi premiado por Ashoka en España, unha organización internacional de apoio ao emprendemento social.
Monólogo. Os mamíferos os mais innovadores.
Post de Wicho. A competitividade na rede.
Reportaxes:
-
 I+D+I de COREN
- Sistema Swapp (Invernadoiros Horsal- Wireless Galicia)

sábado, 11 de diciembre de 2010

O tempo. Vivir rápido

Programa 18

Nunca te preguntaches en que se che vai o tempo? Segundo as enquisas, as cinco ocupacións principais dos galegos ao longo do día son os coidados persoais, traballar, estudar, estar coa familia e consultar os medios de comunicación.Nos últimos sete anos, cada vez participamos menos en actividades sociais e de diversión, mentres que o tempo que lle dedicamos a internet aumentou máis dun 10 %.



tempo_frame_P


Entrevista. Alberto Pena é escritor, conferenciante e experto en produtividade e xestión persoal. Tamén é profesor colaborador de “executive education” en ESADE Business School.
Alberto Pena cursou estudos de ciencias empresariais e desde1996 escribe en internet, onde na actualidade conta co blog ThinkWasabi. O seu primeiro libro, “Como gestionar mejor tu vida”, da Editorial Libros Libres, saiu publicado no 2009.
Monólogo. Distintas velocidades.

Post de Wicho. A inmediatez.
Reportaxes:
-
A arte dos reloxeiros. O reloxo do observatorio astronómico de Santiago de Evangelino Taboada.
O reloxo do futuro. Reloxos fotónicos.

sábado, 4 de diciembre de 2010

A tecnoloxía ao servizo dos maiores

Programa 17

Galicia é a terceira comunidade coa poboación máis vella de España tras Castela-León e Asturias. Dos máis de 600.000 galegos maiores de 65 anos, calcúlase que 45.000 sofre algunha discapacidade. A alta esperanza de vida actual deixa ao descuberto novas doenzas asociadas ao envellecer, como o Alzheimer, por iso temos que adaptarnos aos novos tempos é atopar solucións as súas necesidades.

maiores_frame_P


Entrevista: José Carlos Millán Calenti é catedrático de Xerontoloxía Clínica e Social da Universidade da Coruña, onde ademais dirixe ao Grupo de Investigación en Xerontoloxía. Autor de varios libros e publicacións, entre o que destaca “Principios de Geriatría y Gerontología”, Millán leva anos estudando a discapacidade intelectual e o deterioro cognitivo asociado ao proceso de envellecemento.Na actualidade tamén dirixe o Centro Xerontológico de Estancias Diurnas “La Milagrosa”, ubicado na Coruña.
Monólogo. Novas doenzas derivadas da lonxevidade. 
Post de Wicho.Tiflotecnoloxía. 
Reportaxes: 
  - MIAVIZOR (Jesús Varela Mallou) 
  - ZigBee.Telemedicina (Wirelees Galicia+UVigo)

sábado, 27 de noviembre de 2010

Nanotecnoloxía

Programa 16

Cando escoitamos a palabra nanotecnoloxía pensamos en algo moi pequeno e alleo á nosa vida cotiá, pero no día a día das nosas vidas agóchanse moitos nanomateriais. Están nos lentes con cristais que non se raian, nas pezas de vestir que non se engurran, na crema que nos protexe dos raios solares…
Calcúlase que en 2015 os produtos nanotecnolóxicos han representar o 15 % das vendas mundiais.

nanotec_frame_P
Entrevista: Pepe Rivas é catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela e dirixe o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, ubicado en Braga (Portugal).Rivas tamén é codirector do Grupo de Magnetismo e Nanotecnoloxía da USC e cofundador de NANOGAP, empresa xurdida a partir da Universidade de Santiago co fin de comercializar nanopartículas a escala industrial. No seu haber ten máis de 250 publicacións en revistas científicas internacionais e varias patentes. En 1998 recibiu o Premio de Investigación Burdinola.
Monólogo.  As escalas nos nanobxectos. 
O Post de WichoMiniaturización tecnolóxica.
Reportaxes:
-
  Nanoinmunotech / África Gonzalez (UVigo).
 
Nanogap.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Eco innovación

Programa 15
Reducir o impacto ambiental á vez que se melloran os beneficios económicos é o soño de calquera empresa. Ese obxectivo é o que persegue o programa EcoGalicia Verde, impulsado pola Fundación Empresa Universidade Galega.
As primeiras empresas no punto de mira deste proxecto son as máis de 500 PEME que hai en Galicia nos sectores naval, de artes gráficas e químico.
ecoinnovacion_frame_P
Entrevista: Javier Pereiro é director xeral da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA).Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo e MBA pola escola de negocios Caixanova, Pereiro chegou á FEUGA avalado pola súa experiencia na xestión e na dirección de equipos técnicos e comerciais no sector das telecomunicacións.O director do FEUGA conta tamén cunha ampla experiencia no campo da fidelización de grandes contas e PEME, chegando a xestionar ata 60.000 empresas.
Monólogo. O ser humano: consumidor de enerxía. 
O Post de WichoSENSORES CISCO.
Reportaxes:
-
Proxecto TEMPUS,
Castrosúa.
- Ecoinnovación en ENOR.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Somos o que comemos

Programa 14
A obesidade é nos nosos días unha epidemia en aumento que xa afecta a 300 millóns de persoas en todo o mundo. A Organización Mundial da Saúde calcula que a chamada Globesidade estará detrás da maioría das mortes de aquí a 2015.
Galicia segue esta tendencia, e lidera a obesidade infantil en España cun 30 % de nenos con sobrepeso.

comemos_frame_P
Entrevista: Felipe Casanueva é presidente da Sociedade Internacional de Endocrinoloxía e director científico do CIBERobn, o Centro Español de Investigación en Rede sobre Obesidade e Nutrición, que depende do Instituto de Saúde Carlos III e que desde Santiago de Compostela lidera Casanueva. Catedrático en edocrinoloxía da USC e xefe do Servicio en Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS, Casanueva é experto en sobrepeso e coordinou no 2008 o estudo IDEA para medir a obesidade abdominal e os seus factores de risco.
Monólogo. División alimentos: proteínas / graxas / azucres / vitaminas.
O Post de Wicho. Deporte e redes sociais.Reportaxes:
-
   Centro Tecnolóxico da Carne.
-   Supermercados “AQUÍ É”, Grupo Cuevas.

domingo, 8 de agosto de 2010

Novos cultivos mariños

Programa 13
Os galegos lideramos o consumo de peixe en España, con preto de 100 quilos ao ano por fogar.
Calcúlase que en 2030 máis da metade dos produtos mariños procederá da acuicultura, e que o desenvolvemento desta técnica permitirá manter produtos do mar na dieta cotiá.
No sector da acuicultura, Galicia é un dos líderes mundiais grazas, en boa parte, as características das súas rías.
seguridade_frame_P
Entrevista: José Antonio Bretón, Vicepresidente de Isidro de la Cal
Monólogo.  O mar e a historia da vida.
Minuto MUNCYT. As agullas de tecer as redes.
O Post de Wicho. A información que envían os satélites.
Reportaxes:
- O CETGA e Porto-Muiños

domingo, 1 de agosto de 2010

Novos materiais

Programa 12

Se botamos unha ollada ao noso arredor farémonos unha idea da grande diversidade de novos materiais que usamos cada día. Só na cociña temos os composites das encimeiras, as microfibras das baetas ou o teflón das tixolas. A variedade e sofisticación dos materiais que emprega unha sociedade son unha boa medida do seu desenvolvemento tecnolóxico.
  
seguridade_frame_P

Entrevista: Francisco Guitián, director do Instituto de Cerámica de Galicia.

Monólogo. Relación entre os atomos e a materia. 
Minuto MUNCYT. Os materiais das cociñas.
O Post de WichoA evolución das pantallas.
Reportaxes:

-  O sílice e o aceiro.

domingo, 18 de julio de 2010

O reto da seguridade

Programa 11
Na xerarquía das necesidades humanas, a seguridade é a segunda máis básica tras as necesidades fisolóxicas. Sentirse protexido é algo innato ao que non podemos renunciar. Este ano, Galicia estrea un laborartorio de máxima seguridade biolóxica para manter a raia unha das cousas que máis medo nos dá: os microorganismos que non vemos.
  
seguridade_frame_P
Entrevistado. Luis Alfonso Rodríguez López, director técnico do laboratorio da área de Microbioloxía da Universidade de Vigo, el primeiro laboratorio de máxima seguridade de Galicia.
Monólogo. As defensas do corpo. 
Minuto MUNCYT. Pechaduras.
O Post de WichoAs páxinas seguras en Internet.
Reportaxes:
- Autenticación e seguridade nos aeroportos.

domingo, 11 de julio de 2010

Tecnoloxía da auga

Programa 10
Cidades como Vigo ou A Coruña verten cada día ao seu contorno o equivalente a máis de 40 piscinas olímpicas de augas residuais sen tratar. Segundo a Unión Europea, este tipo de contaminación é o máis importante en augas costeiras e interiores. O tratamento das augas residuais non é unha opción para os ríos e as costas de Galicia, senón unha necesidade social e económica e, desde o ano 2000, unha obriga legal.


enerxias_frame_P
Entrevista: Francisco Omil Prieto catedrático de enxeñaría química na Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Enxeñería Ambiental e Bioprocesos.
Monólogo. Contaminación farmacolóxica dos ríos.
Minuto MUNCYT. Máquinas de destilar.
O Post de WichoO overclocking.
Reportaxes:
- Augas ultrapuras e filtros vexetais.

domingo, 4 de julio de 2010

Biotecnoloxía e saúde

Programa 9
Atopar un novo fármaco é unha carreira científica longa e complicada. Só unha de cada 10.000 moléculas escollidas nas primeiras fases chega á meta e convértese en medicamento. Como mínimo son 12 anos e máis de 1.000 millóns de euros de investimento. Sacar un fármaco ao mercado require moita investigación e multitude de ensaios clínicos, establecidos pola lei para protexer a saúde dos pacientes.
biotecnoloxia_frame_P
Entrevista: Mabel Loza coordinadora do grupo de investigación BioFarma, da Universidade de Santiago de Compostela.Monólogo. Interfaces cerebro máquina. 
Minuto MUNCYT. A primeira pórtese: os lentes.
O Post de WichoA farmacia on line.
Reportaxes:
- Novos fármacos e terapia celular.

domingo, 27 de junio de 2010

Enerxías galegas

Programa 8
A metade da electricidade que produce Galicia provén das enerxías renovables. O vento, cun 34 % do total, supón a achega máis importante.
Aínda estamos lonxe do autoabastecemento, mais equipos de investigación galegos traballan para mellorar os recursos eólicos, forestais ou solares, é dicir, as enerxías limpas, chamadas a facer a revolución enerxética do século XXI.
enerxias_frame_P
Entrevista: ÁNGELES LÓPEZ AGÜERA, Directora do master de enerxías renovables da USC 
Monólogo. O Sol ese gran descoñecido. 
Minuto MUNCYT. Que conten un litro de petróleo?.
O Post de Wicho. Os vampiros da enerxía no fogar. Aforro de eneixa co ordenador.

Reportaxes:
-
 
Enerxía eólica e nucleares.

domingo, 20 de junio de 2010

Rastrexadores do ADN

Programa 7
Cada unha das células do noso corpo ten no seu interior unha copia de ADN: unha substancia abrancazada que contén a nosa descrición máis detallada.
Ao longo do día perdemos millóns de células, e deixamos un bo rastro alí por onde pasamos.
A xenética forense usa os restos de ADN para identificar persoas, descifrar doenzas ou reconstruir a Historia.
detectives_frame_P

Entrevista: ÁNGEL CARRACEDO director do departamento de Medicina Legal USC.
Monólogo. O ADN mitocondrial, un terceiro en discordia.
Minuto MUNCYT.  A primeira cámara de fotos dixital.
O Post de Wicho.  O rastreo de delitos en Internet. Que pegadas imos deixando ao navegar.
 Reportaxes:
-
 Health in Code (Diagnóstico de cardiopatías)- Análise do ADN en productos de consumo


domingo, 13 de junio de 2010

Computación na nube

Programa 6
Os computadores son cada vez menos un aparello que temos na casa, e cada vez son máis algo que sucede en internet. A maioría dos servizos informáticos que usamos xa están na Rede. Agora non precisamos computadores moi potentes, senón unha boa conexión con esa “nube” virtual que é Internet. Pero onde están todos eses datos que millóns de usuarios gardamos en correos electrónicos, fotos, ficheiros…? Sabemos o que pasa con eles?

computacion_frame_P
Entrevistado Francisco González Castaño, director da Área de Redes e Aplicacións de Gradiant.
Monólogo . O misterio da mecánica cuántica e a teleportación.
Minuto MUNCYTHistoria do almacenamento en discos.
O Post de WichoA Cloud Computing.
 Reportaxes:
-
  Proxectos de Gradiant.Green Computing no CESGA.


domingo, 6 de junio de 2010

Os coches eléctricos

Programa 5
Os coches eléctricos xa asoman nos retrovisores dos automóbiles de gasolina. Os primeiros en abrirse camiño están a ser os vehículos híbridos, máis eficientes grazas á combinación dun motor de gasolina e outro eléctrico. Polas estradas galegas circulan 300 destes coches, e en 2010 sumaranse 1.000 máis. As previsións din que en 2014 haberá 250.000 automóbiles totalmente eléctricos percorrendo España. Hoxe en Conexións subímonos ao coche do futuro.
coche_frame_P
Entrevistado LUIS MORENO, Xerente do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia.
Monólogo . O misterio da mecánica cuántica e a teleportación. 
Minuto MUNCYTXoguetes eléctricos.
O Post de WichoInternet móbil en taxis, coches e avións.
Reportaxes:
-
 O CTAG.
Bluemovility.


domingo, 30 de mayo de 2010

Redes sociais

Programa 4
Xa somos 1.200.000 galegos os que navegamos por internet. Deles, case un 80 % andamos metidos nunha rede social como Facebook, Tuenti ou Twitter. O alto número de internautas fan da web un lugar moi rendible. Hoxe en Conexións mergullámonos nas posibilidades das redes sociais en Internet…

redes_frame_P
Entrevistado JUAN FREIRE. Experto en cultura dixital.
Monólogo. A intelixencia das computadoras.
Minuto MUNCYTUn Macintosh de 1984. 
O Post de WichoRedes sociais. 
Reportaxes:
A privacidade na rede.
-
Os xeolocalizadores.



domingo, 23 de mayo de 2010

Cociña, ciencia e viño

Programa 3 
Por termo medio, cada galego bebe 22 litros de viño ao ano, tres por riba da media española.Hoxe en Conexións falamos de cociña, a ciencia e o viño.

vinos_frame_P
Entrevista: CARMEN MARTÍNEZ, Investigadora de CSIC na área de viños.
Monólogo: E posible atopar alimentos 100% naturais?
Minuto MUNCYT: As primeiras potas exprés.
O Post de Wicho: Gastronomía en Internet.
Reportaxes:
- Innovacións e promocións gastronómicas.


domingo, 16 de mayo de 2010

Novas formas de ver

Programa 2
A tecnoloxía actual imita esta habilidade cerebral e xera universos en 3D tan perfectos que non somos quen de diferenciar o real do virtual. Hoxe en Conexións colámonos nos mundos dixitais
visions_frame_P

Entrevista: MANUEL MEIJIDE Director Xeral de “ILUX VISUAL TECHNOLOGIES” 
Monólogo: As formas de ver dos animais.
Minuto MUNCYT: O praxinoscopio, un antecedente do cine.
O Post de Wicho: Tecnoloxías audiovisuais nos fogares.
Reportaxes:
- O cine estereoscópico e as innovacións en imaxe dixital


domingo, 9 de mayo de 2010

A felicidade no traballo

Programa 1
A sensación de felicidade dura máis cando nos implicamos no que facemos. E temos un bo aliciente para esforzarnos, xa que os optimistas viven de media case un 20% máis que os pesimistas. Por iso hoxe, en Conexións, imos falar da felicidade no traballo.
felicidade_frame_P
Entrevista:
SANTIAGO VÁZQUEZ, Director de Recursos Humanos de “R”
Monólogo: Un corpo feliz.
Minuto MUNCYT: A evolución dos ferros de pasar.
O Post de Wicho: As dificultades para concentrarse durante o traballo
Reportaxes:
- Como se forma aos líderes na Escola de Negocios CaixaNova.
- Teletraballo.