sábado, 22 de enero de 2011

Plan Innovación empresarial

Programa 24


No contexto actual de crise, a innovación empresarial xoga un papel crucial para manter e potenciar a riqueza dunha comunidade. As compañías que invisten en innovación e desenvolvemento crecen preto dun 20%  máis que as súas rivais. O tecido empresarial galego conta con máis de 200.000 empresas. A súa supervivencia é a de todos.


Entrevista. Xavier Marcet é socio fundador e conselleiro delegado de LTC Project, empresa especializada en proxectos de estratexia, innovación e comunicación corporativa.  Licenciado en historia pola Universidade Autónoma de Barcelona e diplomado en xestión pública por ESADE, Marcet está especializado en desenvolver modelos de innovación para empresas, administracións e universidades. Como consultor internacional levou a cabo proxectos nos Estados Unidos e en Inglaterra, Francia, Suíza, Arxentina, Chile, Venezuela e México, ademais tamén é profesor asociado da Universidade Pompeu Fabra.
Monólogo
. O ser humano, innovador por natureza
Post de Wicho. Internet a ferramenta da innovación
Reportaxes:
- Plan Innovadores en empresas

sábado, 15 de enero de 2011

Os ceos galegos

Programa 23


Se miramos ao ceo nunha noite despexada, a simple vista podemos ver unhas 2.000 estrelas; un espectáculo que atraeou desde sempre os humanos na procura de respostas. Os astros marcaron as estacións do ano, as épocas de abundancia para a caza e a colleita, as mareas… E nos seus movementos aínda queda moita información por descubrir. 


Entrevista. José Angel Docobo é director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.
Monólogo. A influencia da astronomía no desenvolvemento da ciencia
Post de Wicho. Ferramentas tecnolóxicas para observar o ceo
Reportaxes:
- Arqueoastronomía
- Observatorio Forcarei

sábado, 8 de enero de 2011

Videoxogos

Programa 22

Cantar, facer deporte, adestrar o cerebro… O xogador actual de videoconsolas está lonxe da imaxe tradicional dunha persoa sentada premendo nos botóns. A industria dos videoxogos atrae xa en España preto de dez millóns e medio de persoas, e factura uns 12.000 millóns de euros ao ano. Un sector en aumento grazas ás novidades, que buscan fomentar o xogo en equipo e en rede.


Entrevista. Beatriz Legerén é xerente de Interacción, empresa independente de comunicación interactiva con sede en Vigo, e na actualidade está a escribir a súa tese sobre “Televisión interactiva e videoxogos”. Licenciada en xeografía e historia e máster en business administration, desde 1991 Legerén traballa nas posibilidades que ten a tecnoloxía para comunicar máis e mellor. Como produtora executiva desenvolveu o guión e o deseño de diversos videoxogos para internet, teléfono móbil e televisión interactiva.

Monólogo. Videoxogos e capacidades cognitivas
Post de Wicho. Ferramentas tecnolóxicas para xogar
Reportaxes:
- Small Wonders
- Continental

sábado, 1 de enero de 2011

Retos médicos

Programa 21
Os retos estimúlannos a avanzar, e máis cando falamos de saúde, o segundo tema que máis preocupa os galegos despois do traballo. Por diante temos por desenvolver o diagnóstico de enfermidades grazas á xenética, o tratamento específico de enfermidades mentais, os avances tecnolóxicos na saúde ou a telemedicina.

retos_frame_P

Entrevista. Jesús Devesa é catedrático de fisioloxía humana na Universidade de Santiago de Compostela, xefe do laboratorio de bioquímica especial do Hospital Clínico Universitario da mesma cidade e especialista en endocrinoloxía. Desde 2005 é asesor médico da fundación Foltra, pioneira no uso da hormona do crecemento para tratar danos cerebrais e medulares. Foi director de 19 teses de doutoramento e autor de 123 publicacións en revistas científicas nacionais e internacionais, e presentou máis de 400 comunicacións e relatorios en congresos nacionais e internacionais.
Monólogo. Seudomedicina
Post de Wicho. Implantes artificiais
Reportaxes:
-
 
Fundación Galega de Medicina Xenómica
Centro Tecnolóxico do CHUAC